Os deportes acuáticos, protagonistas no verán malpicán
08:04 23/06/16
Xa temos a programación deportiva para o verán en Malpica. Dous meses de moito mar, facendo dos deportes acuáticos, os grandes protagonistas do verán. Haberá tamén campamento deportivo, andainas, o Día da Bici ou fútbol, pero a vela, o surf, o kaiak e o fútbol praia serán os grandes puntos fortes do verán malpicán.
Xa poden poñerse en contacto co Concello para apuntar aos seus pequenos.