Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Os SNL de Bergantiños e Soneira preparan cursos de galego preparatorios para os Celga

Os SNL de Bergantiños e Soneira preparan cursos de galego preparatorios para os Celga

En marcha están os cursos de preparación para as probas de galego Celga que organizan conxuntamente os Servizos de Normalización Lingüística das comarcas da Terra de Soneira e de Bergantiños, sendo o máis activo o que desenvolve Pepe Blanco en Zas.

Logo de organizaren de maneira conxunta o IV Encontro de normalización lingüística desde as administracións locais da Coruña e a distribución das cartas para os Reis Magos (en colaboración coa Deputación da Coruña), os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas organizarán de maneira conxunta os cursos de preparación para as probas dos Celga durante o ano 2011.

Os cursos que pretenden organizar son os seguintes:

Información dos cursos

  • O prazo de inscrición será do 1 ao 23 de febreiro.
  • Os cursos son gratuítos e debe haber un mínimo de 20 persoas anotadas para que se poidan solicitar.
  • As persoas interesadas poden inscribirse para calquera dos cursos nos SNL dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso ou Zas.
  • Para inscribirse deberán cubrir unha solicitude que se lle facilitará nos SNL.

Obradoiro en Carballo

Ademais dos cursos de preparación para as probas de Celga, o SNL do Concello de Carballo organizará un Obradoiro de integración cultural e lingüística. Os prazos e as formas de inscrición son as mesmas que para os cursos de preparación para as probas dos Celga.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios