Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Os veciños do municipio de Malpica reciclaron 777 litros de aceite vexetal en 4 meses

Os veciños do municipio de Malpica reciclaron 777 litros de aceite vexetal en 4 meses
Reciclando aceite

Nos primeiros catro meses deste ano os veciños de Malpica contribuíron á reciclaxe de 777 litros de aceite. Como en Corcubión, dende que se puxo en marcha o sistema de recollida selectiva, a mediados do 2013, grazas a un convenio entre o Concello e a empresa Reave (Recollidas de Aceite Vexetal), os malpicáns utilizan cada vez máis os colectores instalados no mercado municipal, o Centro Cívico, a Casa do Oleiro, o Centro Social de Seaia, As Pozacas e os colexios Milladoiro e Joaquín Rodríguez Otero. O mercado de abastos, no entanto, é o punto de depósito preferido polos veciños, cun total de 310 litros entre xaneiro e abril deste ano.

Tanto dende a empresa Reave como dende o Concello de Malpica agradeceron a colaboración da cidadanía e resaltaron a importancia de evitar que o aceite vexetal que se utiliza para cociñar acabe nos desaugues, xa que mesturado co xabón crea unha costra que acaba por atascar as canalizacións e ademais é prexudicial para as augas do sumidoiro. A mellor alternativa é almacenar o aceite en botellas de plástico con tapón de rosca e depositalo en calquera dos seis colectores distribuídos polo municipio.

Entre os destinatarios finais do produto figuran as empresas de cosmética e biodiésel.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios