Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O ourizo revaloriza a lonxa de Malpica e perfílase como alternativa local para as ceas de Nadal

Flota amarrada en Malpica
Flota amarrada no porto de Malpica
O ourizo revaloriza a lonxa de Malpica e perfílase como alternativa local para as ceas de Nadal

A concatenación de temporais impide que os mariscador@s e percebeir@s saian traballar, e obriga a manter atracada a flota de baixura, provocando así un crecemento de prezos espectacular.

“Nunca vendín merluzas, de altura, tan caras como a semana pasada nos 8 anos que levo aí”, recoñece o subastador na lonxa da Coruña, o laxense Fran Lago.

Pola zona, parece que a lonxa da Malpica estase a convertir nun dos epicentros da venda de especies como o ourizo. A lonxa rexistrou récords históricos como os 20,70€ que se pagaron o pasado venres polo quilo de ourizos, de boa calidade (“moi cheos e de bo tamaño”). Unhas ventas que representan case medio millón de euros de facturación, o que é un novo fito para a entidade e que abre novas vías de comercialización, despois de levar meses pelexando para atraer compradores dende a Confraría.
Unha confraría que dende que implementou o sistema de lonxa incrementou os prezos, xa que antes existían pactos comerciais que fixaban un prezo anual.

A posta en valor do ourizo significa ademais moito traballo para a comarca. Todo se artella dende un plan de explotación conxunto das confrarías da zona VI (Muxía, Camariñas, Camelle, Corme, Laxe e Malpica, que chega ata a costa de Caión. Un plan no que os pósitos tratan de coidar moito o recurso, “porque é moi valioso e estanse reducindo cupos para conservalo e recuperalo, ó ser unha especie moi sensible”, explícanos Fran Varela dende a malpicá.

Son embarcacións pequenas, que van ata 3 mergulladores, as que extraen o marisco a mergullo, cun tope de 50kg por tripulante, sendo, deste xeito, 150kg como máximo diarios por embarcación e día.
A mellor zona de ourizo está na costa de Malpica e Caión, pero tamén se colle na zona de Camelle e Camariñas.

Deste xeito, este ano no que o percebe está superando os 280€, o ourizo pode convertirse nunha boa alertantiva, local, para as ceas de Nadal.

Comentarios