Un paso para a rehabilitación do Teleclub de Buño

O Centro Sociocultural de Buño tamén é coñecido como o Teleclub

Malpica quere recuperar o Teleclub de Buño. O Centro Sociocultural sempre foi o centro de referencia da vila oleira, e coa intención de revitalizar o tecido asociativo na parroquia, o alcalde Walter Pardo solicitoulle onte ao presidente da Deputación colaboración para a súa rehabilitación.

Pardo presentoulle o proxecto e Formoso amosou a súa disposición para axudar economicamente na reforma integral do edificio, que xa supera os 50 anos e que foi dende teleclub, a centro médico ou centro de actividades deportivas. A idea é renovar a instalación para ofrecer unha mellor distribución do espazo, novos servizos e maior accesibilidade. Con iso acadarase maior funcionalidade e posibilidades de acoller actividade.


Walter Pardo con Valetín González Formoso

Novas relacionadas