Domingo. 12.07.2020
El tiempo

Segue adiante o proxecto de construción do centro de día de Malpica

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo, xunto con outros representantes da corporación municipal.

Continúa en marcha o proxecto de construción do Centro de Día de Malpica. Así o explicou o alcalde de Malpica, Walter Pardo, despois de manter unha reunión coa Conselleira de Política Social Fabiola García, qura ratificou o compromiso da Xunta seguir financiando a creación do futuro centro de día do municipio. O convenio precedente fora asinado en novembro de 2018, pero perdeu a súa vixencia, logo de que o Concello non licitase nin iniciase nestes 14 meses as obras para a rehabilitación da Casa do Oleiro, edificio no que está previsto instalar este novo centro de atención ás persoas maiores. Para resolver esta situación, a Xunta propón asinar un novo convenio de carácter plurianual polo mesmo importe co que contaba o anterior, 150.000 euros.

A xestión será municipal.

200107_Conselleira Alcalde Malpica (2)

comentarios