Sábado. 16.01.2021
El tiempo

Malpica solicita un centro de día

Malpica solicita un centro de día
Membros do goberno de Malpica mantiveron onte unha reunion co conselleiro de Politica Social Membros do goberno de Malpica mantiveron onte unha reunión co conselleiro de Política Social A pesar do gran envellecemento da poboación, son aínda poucos os concellos da Costa da Morte os que dispoñen dun centro de día para os seus maiores. Neste sentido Malpica acaba de dar un paso ao frente. Así, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, presentoulle ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a posibilidade de construción dun centro de día para maiores no marco dunha reunión que mantiveron onte ambos mandatarios e á que asistiu tamén o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández. A este respecto, Rey Varela avanzou que o seu departamento está a traballar na posta en marcha dunha nova rede de centros sociais, unha posibilidade que estudarán ámbalas administracións coa finalidade de ver a viabilidade de incluír a Malpica nesa rede. Na reunión, celebrada en San Caetano e na que tamén participou o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, acordouse continuar coa colaboración entre as dúas administracións. Neste sentido, na reunión fíxose un balance moi positivo da posta en marcha da escola infantil e do incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ata acadar as 1.878 horas actuais, que benefician a 37 usuarios e usuarias do municipio. Na mesma liña, o conselleiro comprometeuse cos representantes do goberno municipal de Malpica a realizar un novo aumento de horas que permitirá eliminar a lista de agarda actual. O alcalde realizou una valoración moi positiva da ampliación das horas para poder dar resposta a todas as solicitudes. Novas relacionadas Fonte

comentarios