Mércores. 17.07.2019
El tiempo

A Xunta si apoia a creación do Centro de Día de Malpica


Non apoia a administración a creación dun Centro de Día nos concellos de Corcubión, Ponteceso ou Camariñas, gobernados por socialistas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga.
A Xunta si apoia a creación do Centro de Día de Malpica

Son, sen lugar a dúbidas, unhas das infraestruturas máis necesarias para a nosa envellecida comarca. De aí que a aposta pola creación dun Centro de Día en Malpica non deixe de ser unha gran nova. A Xunta confirnamaba o seu apoio ao proxecto, ao que achegará un 50% do orzamento (uns 150.000€) para a obra de acondicionamento do novo servizo que será de titularidade e xestión municipal.

Contrasta, en todo caso, este “si” ao concello malpicán, coas últimas negativas que a Xunta ten dado a outros proxectos tan ou máis necesarios que o malpicán, como son os de Corcubión, Camariñas ou Ponteceso. Os tres, concellos gobernados por grupos socialistas.

A solicitude do Concello de Malpica xa vén de 2016.

O centro de día instalarase na Casa do Oleiro, que será acondicionada para a prestación do servizo nas mellores condicións. A licitación, tanto do proxecto como das propias obras, corren a cargo do Concello.

Eduardo Parga agradeceu o compromiso da Xunta neste caso por incrementar ademais nun 30% as horas dispoñibles de Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o que equivale a 9.600 horas máis que Malpica está a empregar na súa práctica totalidade.

Novas relacionadas

Comentarios