Un paso para a rehabilitación do Teleclub de Buño

Malpica quere recuperar o Teleclub de Buño. O Centro Sociocultural sempre foi o centro de referencia da vila oleira, e coa intención de revitalizar o tecido asociativo na parroquia, o alcalde Walter Pardo solicitoulle onte ao presidente da Deputación colaboración para a súa rehabilitación.
Pardo presentoulle o proxecto e Formoso amosou a súa disposición para axudar economicamente na reforma integral do edificio, que xa supera os 50 anos e que foi dende teleclub, a centro médico ou centro de actividades deportivas. A idea é renovar a instalación para ofrecer unha mellor distribución do espazo, novos servizos e maior accesibilidade. Con iso acadarase maior funcionalidade e posibilidades de acoller actividade.
Walter Pardo con Valetín González Formoso
Novas relacionadas
- Maio 2020: Comezan as obras de rehabilitación do Centro Oleiro de Buño pensando no Centro de Día.
- Xaneiro 2020: Segue adiante o proxecto de construción do centro de día de Malpica.
- Marzo 2019: A polémica discriminación da Xunta cos Centros de Día volveu ao Parlamento
- Marzo 2019: A Xunta si apoia a creación do Centro de Día de Malpica
- Abril 2016: Malpica solicita un centro de día.