Martes. 19.11.2019
El tiempo

[email protected] a ritmo do mar

Se os percebeiros de Cedeira van optar ao Goya, estes de Malpica merecen un Oscar. Xa os temos visto pero hoxe queremos volver refrendar a súa tremenda profesión que baila ao ritmo das ondas.

E o facemos a través da nova web que veñen de poñer en marcha: www.percebedemalpica.com. A confraría e a Agrupación de Percebeiros de Malpica quere deixar constancia a través da rede do risco que corren facendo este traballo, para deixarnos entender por que o percebe é un elemento de luxo.

Agora poderemos velos colgados das rochas malpicás os días de traballo que quedan para xaneiro, que son os da semana do 23 ao 27, ambos incluídos, e xa para rematar o día 30. Ademais en febreiro poderán faenar 7, 8, 9 e 10, 13, e despois a semana do 20 ao 24 ambos incluídos.

Apenas coas mans baleiras, ferrada, mandileta, e traxes de neopreno, se cadra unha corda para se atar ou un troeiro, acoden hoxe os percebeiros e percebeiras ás mellores pedras da nosa costa para sachar os prezados crustáceos. Así definen o seu propio traballo...

E antes de deixarvos cos vídeos, queremos deixar constancia de quen son, de quen se xoga a vida cada mes para poñer apañar estes tesouros do mar. Eles e elas son os Wenceslao Manuel Abella Chouciño, María del Pilar Castro Ordóñez, María Isabel Castro Varela, Óscar Devesa Grille, María Carmen Doldán García, Lucía Domínguez Busto, José Antonio García Lema, Estrella García Otero, Elisa Lista Rodríguez, José Antonio Márquez Varela, Mercedes Martelo Souto, Álvaro Mato Cambón, Manuel Mesura Pose, Áurea Mouzo Dominguez, Jose Manuel Parga Verdes, Teresa Pose Castro, Hortensia Pose Pose, Lucía Pose Veiga, Obdulia Reigía Pose, María Rodríguez Couto, Pilar Rodríguez Espasandín, Francisco Luís Serantes Dourado, Francisco José Souto Barreiro, Victor Manuel Souto Cures, Teresa Varela Vecino, Pablo Amado García, Adrián Blas Cambón Varela, Santiago Manuel Cancela Suárez, Jesus Luciano Canizás Miguéns, Luís Carril Varela, José Manuel Costa Regueira, Pedro Costa Regueira, José Pose Ferreiro, Jose Angel Fidalgo Suárez, Francisco Javier García Castiñeiras, Anselmo García Varela, Manuel Lema Blanco, Jesús Lema Calvo, José Manuel Lema Varela, Miguel Ángel Lema Varela, Agustín Martiño Gorín, Manuel Martelo Souto, Pablo Martelo Souto, José Rafael Mesura García, José Mesura Pose, Alfredo Montes Blanco, Adrián Pena Carril, Modesto Pose Cousillas, José Luís Pose García, José Manuel Pose Mouzo, José Luís Rojo Lema, Amador Serantes Otero, Jorge Manuel Verdes Lema, José Manuel Verdes Sánchez, Diego Vidal Ordóñez, Alfonso Vidal Varela.

Sen máis, deixámosvos cos [email protected] de Malpica e mais cos de Cedeira, que tamén lles chega...

Percebeiros (Sea Bites) 1920x1080 from enpiedeguerra on Vimeo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios