Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Madrid xa está pescando peixe e marisco da Costa da Morte

Madrid xa está pescando peixe e marisco da Costa da Morte

Os clientes do Mercado de San Antón de Madrid xa coñecen que se está pescando na Costa da Morte. A través da campaña de promoción e sensibilización do GAC 3 Costa da Morte loestamospescando.com, a bisbarra estivo presente durante a fin de semana en Madrid invitando a unha degustación de peixe e marisco da Costa a todos os asistentes. Un bo xeito de entrar polo dente.

Percebe, ameixa e berberecho foron os produtos estrela, se ben o abadexo e a sardiña tamén foron protagonistas. Ademais de degustar, os clientes e turistas puideron atender ás explicación sobre as características do peixe e marisco desta zona da costa galega, e as súas particularidades.

Estas degustacións repetiranse no mes de decembro, próximas xa ás datas do Nadal.

Un proxecto completo

A proposta de loestamospescando.com é completa. Ademais da realización da web para a venda á canle detallista e público en xeral, vaise artellar un sistema de franquías para pescaderías e mercados ao longo do estado.

Un xeiro este da reserva e compra pola rede de produto fresco procedente das confrarías de Costa da Morte, que ten como finalidade "reducir a intermediación e pór en contacto aos profesionais da venda detallista de peixe e marisco coas propias confrarías representadas no Gac 3 Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

comentarios