Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Policía Local intercepta nas Festas de Malpica un individuo con 4 frascos de Popper, a droga usada para anular da vontade das mulleres

Popper nas festas do mar de Malpica Policia Local
Os frascos incautados pola Poicía Local
A Policía Local intercepta nas Festas de Malpica un individuo con 4 frascos de Popper, a droga usada para anular da vontade das mulleres

A pasada noite de xoves, no marco das Festas do Mar de Malpica, unha patrulla de reforzo da Policía Local composta por axentes de Muxía, Carnota, Cerceda e Tordoia, realizou unha incautación de droga importante.

Cando realizada, contra as 2:00h, un control de vixilancia e control do consumo de alcoh por menores na vía pública e consumo de drogas, observaron como unha persoa que, ante a presenza policial, gardaba un frasco nunha alxibeira que portaba. Os axentes pídenlle identificación, cachéano e lle rexistran a alxibeira, atopando no seu interior 4 frascos dunha droga emerxente coñecida como NITRITO ou POPPER.

Dita droga pode ser usada como anuladora da vontade das mulleres, facilitando as agresións sexuais. Dito menor foi identificado e denunciado en base a Lei da Seguridade Cidadá ante a Subdelegacion do Goberno en A Coruña. A droga incautada será remitida a Sanidade Exterior.

Comentarios