Luns. 29.04.2024
El tiempo

Portos obriga a retirar a figura do Traski instalado no peirao de Malpica

Figura de Traski en Malpica
Portos obriga a retirar a figura do Traski instalado no peirao de Malpica

O teniente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, vén de informar da posible retirada da figura de Traski colocada alí hai pouco máis dun mes como punto de partida, como Km.0. Asegura Cañizo que o Concello vén de recibir unha “comunicación de Portos de Galicia na que se notifica a retirada inmediata da zona Portuaria da figura alí colocada do traski en representación do Camiño dos Faros por ter sido posta no lugar sen autorización da Autoridade Portuaria correspondente e que de non quitala do lugar incoarase o oportuno expediente sancionador ó Concello de Malpica”.

Cañizo deixa claro que “o actual Goberno Municipal non quere baixo ningún concepto que tal figura desapareza xa que representa unha ruta á que veñen moitos turistas de distintas partes do mundo e que supón un valor añadido moi importnte para o noso turismo”.

Deste xeito, asegura que o alcalde Eduardo Parga xa está en contacto co ente autonómico “para conseguir os permisos necesarios e ver as posibilidades de que non houbera que retirala”, valorando incluso cambiala de ubicación ao estar nunha zona de gran actividade portuaria.

Comentarios