Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Complicadísimo rescate de dúas persoas dun incendio nunha vivenda de Buño

Incendio en Buno
Complicadísimo rescate de dúas persoas dun incendio nunha vivenda de Buño

A Garda Civil de Ponteceso, Protección Civil e o GES de Ponteceso rescataron esta mañá a dúas persoas nun incendio acontecido nunha vivenda de Buño

Os primeiros en chegar, pasadas as 6:30h da mañá deste sábado 2 de marzo, foron os axentes da Garda Civil, que observaron que a parte alta da vivenda estaba cuberta de chamas e escoitaron os berros dunha muller que non podía respirar. A entrada na casa era moi difícil e perigosa pola cantidade de fume e lapas que había. Non obstante, os membros da Patrulla conseguiron chegar ata a muller falando con ela e guiándose pola parede. Unha vez rescatada a muller, afirmou que a súa nai, de 88 anos, estaba dentro da vivenda.

Unha vez asegurada a primeira vítima, efectivos da Patrulla en colaboración con Protección Civil de Malpica colocaron unha escaleira no teito dun vehículo pick-up para acceder á habitación situada no alto da vivenda onde se atopaba a anciá. Durante o rescate, un dos efectivos de Protección Civil forzou unha ventá e conseguiu entrar na vivenda. Nese momento, a escaleira deburrouse, provocando a caída dos dous Gardas Civís ao chan co conseguinte impacto.

Nese momento chegou o GES de Ponteceso, que contaba con medios máis axeitados para este tipo de rescate, unha escaleira máis grande e segura que a anterior. De forma coordinada mentres o GES instalaba os medios de extinción, mangueiras, etc... Simultaneamente, a Garda Civís xunto con outro membro de Protección Civil subiron para rescatar á anciá que tiña mobilidade reducida, coa axuda do efectivo de Protección Civil que con anterioridade conseguira acceder á vivenda realizando con éxito a extracción.

Tanto as vítimas como os efectivos da Garda Civil foron atendidos nun primeiro momento no PAC de Carballo das lesións causadas pola inhalación de fume e pola caída das escaleiras e posteriormente foron derivados ao CHUAC.
Ás 7.48 horas, os bombeiros lograron extinguir o lume da vivenda, que quedou totalmente calcinada.

Incendio casa Buno 2

Comentarios