Roberto García repite como candidato do BNG de Malpica e trata os temas de actualidade

09:33 17/01/11

Os problemas de hoxe
Roberto García sinalou que un dos seus compromisos a curto prazo será "solucionar a problemática do Mercado de Abastos". Lamentou que "os praceiros/as sigan en situación irregular tantos anos despois sen que o Concello ofrecese ningunha saída". O portavoz municipal e candidato do BNG tamén se referiu á piscina municipal, da que sinalou que "o Concello ten que avaliar pronto a súa posta en funcionamento sen que isto supoña un lastre para as contas municipais". Sobre o contido do programa electoral, García lembrou que contará coas achegas da veciñanza, lembrando "que o BNG leva estes últimos catro anos convocando asembleas abertas nas distintas parroquias para coñecer as súas demandas e inquietudes".Novas relacionadas
- O BNG encontrouse co sector pesqueiro en Malpica de Bergantiños .
- En marcha a nova Agrupación de Percebeiros de Barizo.
- Continúa aberta a problemática cos placeiros de Malpica.
Fonte
- Nota de prensa do Responsábel comarcal do BNG de Bergantiños, Vítor Recarei Añón.