venres. 08.11.2024
El tiempo

Roberto García repite como candidato do BNG de Malpica e trata os temas de actualidade

Roberto García repite como candidato do BNG de Malpica e trata os temas de actualidade
Repite Roberto García Ferreiro como candidato do BNG de Malpica ás eleccións municipais. Así o anunciou a Asemblea Local do BNG malpicán o pasado venres, cando o portavoz municipal adiantou que "o BNG se presentará cunha candidatura fortemente renovada e preparada para sacar o Concello da situación na que se atopa". Definen a proposta como "unha candidatura forte e preparada para gobernar Malpica de Bergantiños", e iso que aínda non fixeron públio o resto da candidatura, que "combinará un certo grao de continuidade con unha aposta forte pola renovación, de man de xente moi nova pero tamén moi preparada para dar a Malpica de Bergantiños o goberno que se merece". García Ferreiro apostou por "un goberno ao servizo da veciñanza e que fuxa de conflitos innecesarios". Nesa liña considera " necesario normalizar as relacións entre institucións para dar solucións xa no curto prazo ás cuestións que están pendentes de hai demasiado tempo, como a EDAR, a escola infantil ou a captación da auga en Malpica de Bergantiños".

Os problemas de hoxe

Roberto García sinalou que un dos seus compromisos a curto prazo será "solucionar a problemática do Mercado de Abastos". Lamentou que "os praceiros/as sigan en situación irregular tantos anos despois sen que o Concello ofrecese ningunha saída". O portavoz municipal e candidato do BNG tamén se referiu á piscina municipal, da que sinalou que "o Concello ten que avaliar pronto a súa posta en funcionamento sen que isto supoña un lastre para as contas municipais". Sobre o contido do programa electoral, García lembrou que contará coas achegas da veciñanza, lembrando "que o BNG leva estes últimos catro anos convocando asembleas abertas nas distintas parroquias para coñecer as súas demandas e inquietudes".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Responsábel comarcal do BNG de Bergantiños, Vítor Recarei Añón.

Comentarios