Un fin de ano de divertidas San Silvestres


Que non o pase ben facendo deporte (e pasando frío) este fin de ano, será porque non quere (ou non ten agallas). Tres apostas contabilizamos este 2017 para pasar o día de fin de ano de xeito divertido. Tres probas que xa o ano pasado nos deixaran estampas simpatiquísimas.
Xa temos falado da Carreira e o Brinde Leiteiro de Mazaricos, pero tamén temos que repasar as citas de Baio e Malpica.
X Milla de Baio


Xa é a 10ª edición desta Milla de Baio. A cita arrincará ás 17:30h da Parrillada Rial e percorrerá o Paseo Fluvial. Dende Su A Agra esperan que a xente non falte á súa cita cos disfraces.
San Silvestre Malpicana
Cita matutina a II San Silvestre Malpicana que organiza a AC Malante. Sairá da finte de Anselmo Villar e chegará ata San Adrián (7km). Partirá ás 12:00h, e é imprescindible ir disfrazado. Cómpre inscribirse no 620927729 ou no 620661699.
Novas relacionadas
- 2017: A Carreira e o Brinde Leiteiro, o fin de ano máis auténtico de Mazaricos.
- 2016: Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano gozando da diversión das súas San Silvestres.
- 2014: Batman, papás noel, aviadores, animais, e selfies na San Silvestre de Baio.
- 2012: A San Silvestre disfrazada de Baio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).