Martes. 10.09.2024
El tiempo

Un mes de moita actividade en Afaber

Un mes de moita actividade en Afaber
concurso-fotografia-afaber Maica Ures, concelleira de Igualdade do concello de Carballo, entregou os premios do II concurso de fotografía de AFABER Máis de setenta socios asistiron o pasado venres, 18 de novembro, ao magosto organizado pola asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños - AFABER -. No magosto tamén participou, Maica Ures - concelleira de Igualdade e Benestar do concello de Carballo - que xunto co presidente da entidade - Jesús M. Villar Antelo - fixeron entrega dos premios do II concurso de fotografía. As catro fotos finalistas son as protagonistas do calendario da asociación para o 2017 que xa repartiu de forma gratuita entre todos os asistentes ao magosto. magosto-afaber-novembro-2016 Máis de setenta socios e socias de AFABER participaron no magosto organizado pola entidade   Visita malpica-entidade-solidaria-alzheimer O alcalde de Malpica e a concelleira de Servizos Sociais visitaron onte as instalacións de AFABER Por outra parte, o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Mª Soledad Blanco, visitaron onte as instalacións de AFABER co fin de coñecer os convenios que leva a cabo entidade. Durante a visita, o presidente de AFABER fíxolle entrega do certificado que acredita ao concello de Malpica como a entidade solidaria coa enfemidade do Alzheimer. Reunións en Santa Comba e en Vimianzo afaber-santa-comba O presidente de AFABER mantivo unha reunión coa alcaldesa de Santa Comba O presidente de AFABER, Jesús Manuel Villar, mantivo onte unha reunión coa alcaldesa do concello de Santa Comba , María Pose, co fin de presentarlle a memoria de actividades que a entidade levou a cabo na localidade xalleira durante o presente ano a través do convenio firmano no pasado mes de abril e que forma parte do programa Rede Paraugas da Fundación Barrié. Durante a reunión tamén se valorou a posibilidade de seguir traballando xuntos. Mañá, día 24, o presidente de AFABER fará o mesmo co alcalde de Vimianzo, onde tamén teñen en marcha un servizo de atención a familiares de enfermos de Alzheimer. Cea solidaria Este sábado, día 26, terá lugar no restaurante Punta de Leste de Carballo unha cea solidaria en favor de AFABER organizada pola asociación de veciños Santa María de Ardaña.    

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios