Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión

Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
Accidente mortal entre Carballo e Malpica Accidente mortal entre Carballo e Malpica

Continúa a sangría nas estradas costeiras. Nas últimas dúas semanas levamos case tants falecidos en accidentes de tráfico que en todo o 2015. Xa levamos 4 falecidos dende a tráxica morte de Paula Sueiro hai pouco máis dunha semana, mentres que en 2015 puidemos contabilizar 5 de accidentes ou atropelos mortais nas nosas estradas.

A última vítima foi un home duns 76 anos, natural de Nemeño, Ponteceso, que foi arrollado cando viaxa na súa motocicleta por un camión, de novo, como a pasada semana, da empresa López Cao. O accidente produciuse pasados uns minutos das 10:30 horas de hoxe, cando os vehículos circulaban á altura entre Xoane e Cances, no termo municipal de Carballo.

O alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, indicou que no momento de producirse o accidente, o camión –de transporte de materiais de construción- ía baleiro. Así, de contado, o persoal do Centro de Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas que, só puideron certificar o falecemento da persoa. Tamén, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e os Bombeiros de Carballo foron informados do suceso polo 112 Galicia.

 

Mañá complicada en Bergantiños

Accidente en Entrecruces Accidente en Entrecruces Incendio Rua Abetos de Carballo Incendio na Rúa Abetos de Carballo

Cóntanos Javier Souto, responsable de Protección Civil de Carballo que foi unha mañá complicada. Xa a primeira hora da mañá tiña lugar en Entrecruces un accidente na DP-1914.

Cando estaban alí foi cando souberon da nova do accidente mortal en Xoane, pero de contado foron avisados por un incendio en Coristanco, e outro na Rúa Abetos da capital municipal carballesa.

 

Novas relacionadas

Accidentes 2016-2015

Fonte

Comentarios