Un operativo incauta 32 kg de centola e 36 de percebes a un par de furtivos en Barizo
Nova operación contra a lacra do furtivismos nas nosas rochas. Actuacións que realizan a plena luz do día co consentimento da sociedade.
Contamos así como esta semana, Axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña incautaban no porto de Barizo, Malpica, 32 kg de centola, dos que case 29 estaba ovada, e de 36 de percebes. Ademais, a GC aprehendía a embarcación “fueraborda” utilizada polos denunciados e a furgoneta na que transportaban o marisco, así como roupa de neopreno e outros útiles.
Unha operación encadrada nos habituais servizos e operativos que presta en materia de prevención do marisqueo furtivo. Eran as 18,00 da tarde cando os axentes da Garda Civil, pechando o operativo iniciado por eles mesmos unhas horas antes, interceptaban nun lugar do municipio de Malpica o vehículo no que os dous supostos furtivos transportaban as centollas e percebes, así como os efectos e útiles de buceo e marisqueo apuntados.
Os feitos que motivaron a actuación dos axentes do Servizo Marítimo iniciáronse a primeira hora desa mesma tarde, no instante en que os gardas civís observaban como varios homes, tras deixar fondeada a planeadora na que chegaran a augas do porto de Barizo, abandonaban o lugar nos seus coches.
Unha hora máis tarde, os mesmos gardas civís vían chegar de novo a porto a dous destas persoas, pero esta vez na furgoneta agora aprehendida, na que meteron o marisco e resto de efectos que aínda gardaban na planeadora.
Tras interceptar o vehículo, a Garda Civil corroborou que se trataba de marisco e que os seus posuidores carecían do permiso de extracción oportuno, polo que procedeu ao inmediato decomiso das pezas e do resto de efectos, así como da embarcación e vehículo, dando inicio á tramitación das preceptivas denuncias por estas supostas infracciones.
Percebes furtivos do porto exterior
Noutra orde, gardas civís do mesmo Servizo Marítimo sorprenderon ás catro da tarde de onte en augas do porto exterior da Coruña a dous buceadores cun total de 48,900 quilos de percebes que levaban en senllos sacos de rede suxeitos nos cintos dos seus traxes de neopreno.
Tendo en conta que a zona non está autorizada para o marisqueo, e que un dos buceadores carecía do permex, procedeuse á incautación tanto dos percebes como dos equipos de neopreno.
As centollas, que aínda estaban vivas, foron devoltas ao mar, Os percebes, pola súa banda, foron entregados, tal e como prevé a lexislación vigente, nun centro benéfico.
Novas relacionadas
- 05-05-14: A Garda Civil incauta en Corme dúas embarcacións e 68 quilos de centola.
- 10-12-13: 150 quilos de percebe incautados en Malpica.
- 25-10-13: Operación Jaulón: Decomisados 7500 quilos de xarda ilegal.
Fonte
- GC.