Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha de queixas escolares

Unha de queixas escolares

En plena voráxine neste comezo de curso escolar, entre folga e folga, chegan varias queixas de varios centros á nosa redacción. I é que os recortes en educación están afectando directamente á calidade do ensino.
Cómpre non esquencer que os perxudicados son os de sempre: os alumnos, que xa non poderán optar a sesións de lectura, de materias TIC, non teránunha biblioteca tan coidada…/p>

Encaixe en Malpica

Hai unhas semanas, dende o CEIP Milladoiro de Malpica xa nos contaban como a redución en 3 docentes deixou torto o centro. Un par de semanas máis tarde comprobamos as consecuencias:
Explícannos que acaba de chegar un profesor, a piques de xubilarse, ao centro malpicán: pero tras certos líos cas prazas, rematou no IES Ponteceso. O caso é que este profesor, "especialista en Debuxo, que é o que leva impartindo toda a vida, e asignáronlle unha praza con Debuxo Bilingüe... e nin papa de inglés. Tamén lle "toca" dar o ámbito científico-tecnolóxico en 3º da ESO, que inclúe Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química".

"Viva a diversidade!!!!" bromean dende os centros implicados.

Un centro pechado

Hoxe tamén, unha "nai cabreada" nos envía unha queixa formal dende Cee. Segundo denuncia, o CEIP Eugenio López vén de "prohibir a entrada aos pais". Denuncia que asó hai 3 profesores vixiando a todos os cativos. "Os nenos, desde que os pais non estamos cerca, vanse das filas, peléxanse, corren... e é absurdo ver a un profesor correndo detras duns 20 nenos mentres intenta non quitarlle o ollo aos outros 50 que teñen en fila", explica.

Pero o que máis molesta a esta "nai cabreada" é que en ningún momento saben o motivo da medida, que chegou a través dunha nota informativa do centro a cada casa. Así, esta nai só quere denunciar unha medida que non ve razonable e que non entende, por ademais non lle teren consultado aos pais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios