Un vaso de plástico, posible causa da morte doutro cachalote aparecido en Malpica

Cachalote cheo de plastico varado en Malpica. Foto: CEMMA
Esta semana aparecía dous individuos de cachalote pequeno (Kogia breviceps) en Malpica. Unha femia adulta morta e o seu cachorro vivo. Foi un voluntario de CEMMA, Jose Manuel Pérez o que os atopou polo que rapidamente a Coordinadora activou un dispositivo coordinado co concello de Malpica para a atención ao cachorro. Fixeron canto puideron mentres se desprazaba ata alí unha das nosas Unidades Móbiles, pero acabou falecendo.

Segundo o CEMMA, “durante a necropsia da nai comprobouse a presenza dun vaso plástico no estómago que causara lesións na parede. Ante a ausencia de ningunha outra evidencia ou problema observable a simple vista, e á espera da análise histopatolóxica, esas lesións e as consecuentes molestias puideron ter sido a causa do varamento”.

”Volve a poñerse de manifesto que son as especies de grandes mergulladores como esta, ou os cifios ou o cachalote, as que se ven máis afectadas por esta problemática ao non ser quen de identificar estes obxectos como artefactos no seu medio”, relatan.

Novas relacionadas