Mércores. 25.11.2020
El tiempo

A Tartaruga de Coiro varada en Laxe puido ter sufrido un atrapamento nalgún enmalle

Tartaruga de Coiro varada en Laxe
Tartaruga de Coiro varada en Laxe
A Tartaruga de Coiro varada en Laxe puido ter sufrido un atrapamento nalgún enmalle

Onte aparecía varada preto do porto de Laxe unha gran tartaruga. Era un veciño da vila o que a achegaba ao porto na súa chalana e avisaba á Coordinadora de Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA).

Esta mañá, era o propio Alfredo López (CEMMA), o que vila ao porto laxense para analizar o corpo desta Tartaruga de Coiro (Dermochelys corinacea

, unha femia, de 194 cm e máis de 400 kg de peso. “Non sabemos a causa da morte, porque o animal estaba bastante deteriorado, pero puidera ter enmallado nalgún aparello, porque tiña feridas no lombo, que poderían ser compatibles cun atrapamento”.

 

Explica que “estes animais proceden das augas do caribe onde teñen as ssúas zonas de cría, viven ao longo do océano, coa corrente do golfo, en ocasións pasan por fronte ás nosas costas, e poden chegar a ser observadas ou atrapadas en aparello”.

Visita a Malpica

O CEMMA aproveitou a chegada á comarca para visitar o porto de Malpica, onde foi localizado morto o exemplar de cachalote pequeno que soltaron o xoves pasado no porto de Malpica. O pasado xoves aparecía varado xunto ao corpo sen vida da súa nai na praia de Seiruga, e os efectivos das brigadas municipais de Malpica, asesorados polo CEMMA, traslasdaban o xuvenil (un macho xuvenil de 1,55 metros) ao porto de Malpica onde foi liberado. Pero veñen de atopar o seu corpo, corroborando que falecía ese mesmo xoves, pois non sobreviviría sen a súa nai.

Novas relacionadas

comentarios