Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rescatan un golfiño que quedara enganchado nunha cinta plástica en Fisterra

CEMMA e Buceo Finisterre salvan un golfino
Imaxes da cinta plástica que estaba cortando ao golfiño. Fotos do CEMMA e Buceo Finisterre
Rescatan un golfiño que quedara enganchado nunha cinta plástica en Fisterra

Emotivo rescate o que protagonizaron esta semana os profesionais da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) coa colaboración de Buceo Finisterre. Os mergulladores fisterráns identificaban un golfño común que nadaba con problemas preto da vila fisterrá, pois tiña un corte na dorsal (sinalado na imaxe coa frecha vermella) e algo ao redor do corpo (coa frecha branca).

A unidade móbil do CEMMA desprazouse chegando xusto a tempo para coller o animal, cortar e retirar o obxecto, que resultou ser unha cinta plástica dura das que se utilizan para precintar. “O golfiño entrara polo medio dela, a modo de aro, pero ao chegar á aleta dorsal quedou retida e con cada movemento de natación da caudal íalle cortando pouco a pouco cara atrás, xa tiña cortado un 40% da dorsal”, explican. “O animal nadou con forza ao non ter os movementos limitados pola cinta e non foi posible aplicar ningún tratamento na ferida, pero coa auga do mar cicatrizará pronto”, avanzan con esperanza.

Novas relacionadas

Comentarios