Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Volven as Misións Pedagóxicas do 1933 a Malpica cunha mostra fotográfica e un espectáculo de monicreques

Misions Pedagoxicas Malpica 2021
Volven as Misións Pedagóxicas do 1933 a Malpica cunha mostra fotográfica e un espectáculo de monicreques

Continúa o compromiso malpicán coa recuperación da súa historia, desta historia concreta que nos traslada ao 20 de outubro de 1993, cando os monicreques das Misións Pedagóxicas fixeron parada na vila no seu periplo por todo o estado co seu Teatro dos Fantoches e as representacións de José Val de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e Rafael Dieste.

Desta volta, o departamento de Cultura do Concello de Malpica, organiza, coa colaboración da Deputación, unha mostra fotográfica e un espectáculo de monicreques. O Fondo Lugrís do Centro Cívico será o escenario dunha mostra fotográfica das Misións Pedagóxicas do 1933 que estará aberta ao público desde o 18 ao 31 de outubro.

Ademais, o 24 de outubro ás 18:00 horas terá lugar o espectáculo ‘Varietés do Animalario’ da compañía teatral Paporrubio na praza Anselmo Villar Amigo. Trátase dunha actuación familiar, adecuada para nenas e nenos a partir de 3 anos.
Será necesario inscribirse previamente para esta actividade, que contará cun aforo máximo de 100 persoas. Poderán reservarse asentos a partir do 15 de outubro enviando un correo a [email protected] indicando nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto. Cada persoa poderá solicitar ata catro asentos.

Novas relacionadas

Comentarios