Luns. 29.04.2024
El tiempo

11 confrarías da bisbarra reciben 127.000€ da Deputación para contratar persoal

11 confrarías da bisbarra reciben 127.000€ da Deputación para contratar persoal
Moitos logos das cofradías da bisbarra son semellantes A Deputación da Coruña destina 127.000 euros para apoiar á 11 confrarías de pescadores da Costa da Morte. Axudas empregadas na meirande parte dos casos en contratación de persoal (algún para vixilancia), e en moi poucos na modernización dos procesos de produción e comercialización. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que con estas liñas de axudas da área de Promoción Económica, o goberno provincial quere seguir apoiando un “sector estratéxico, de gran importancia social e económica en Galicia e particularmente na provincia da Coruña, onde pesca e acuicultura dan emprego a preto de 10.000 traballadores e onde se concentra o 53% da pesca fresca da nosa comunidade”.
Beneficiarios Importe da  subvención
- Beneficiario: AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS - Obxecto: FINANCIACIÓN DO SERVICIO DE GARDAPESCAS (CONSERVACIÓN E CONTROL) DA AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS DO E2STEIRO DO RÍO ANLLÓNS 8.363,49€
- Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS - Obxecto: AXUDA PARA GASTOS PERSOAL CONFRARÍA PESCADORES DE CAMARIÑAS PARA O ANO 2018 20.000
- Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE - Obxecto: IMPULSO FOMENTO PESQUEIRO EN CAMELLE : PERSOAL E GASTOS DE ACTIVIDADE 20.000
- Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CORME - Obxecto: GASTOS PERSONAL E CONTRATACIÓN SERVIZOS PROFESIONAIS INDEPENDENTES 9.198
- Beneficiario:  COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE - Obxecto: GASTOS DE PERSOAL DA CONFRARIA DE PESCADORES DE LAXE 17.500
- Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MALPICA - Obxecto: AXUDA PARA CUBRIR GASTOS DO PERSOAL CONTRATADO 20.000
- Beneficiario:  COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS - Obxecto: COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS E DEFENSA DOS INTERESES PROFESIONAIS E ORIENTACIÓN DA NORMATIVA AOS AFILIADOS 17.500
- Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA - Obxecto: GASTOS PERSOAL CONFRARIA 20.000
- Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION - Obxecto: CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA AS CONFRARÍAS 12.500
- Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE LIRA - Obxecto: SUBVENCION PARA PERSOAL LABORAL CONFRARIA E LONXA PARA DESENVOLVEMENTO EFECTIVO DAS ACTIVIDADES 20.000
- Beneficiario: COFRADIA PESCADORES O PINDO - Obxecto: AXUDA DE PERSOAL PARA DESENVOLVEMENTO EFECTIVO DA ENTIDADE. 19.750
 

Todas as novas relacionadas co mundo do Mar en QPC

Comentarios