Sábado. 25.05.2019
El tiempo

#15anosdoPrestige: Que pensan os grupos políticos quince anos despois do accidente?

#15anosdoPrestige: Que pensan os grupos políticos quince anos despois do accidente?
Prestige-nemina O chapapote tinguiu de negro a praia de Nemiña Quince anos despois do fatídico accidente, o Prestige volviu a ser onte o protagonista da sesión do Parlamento de onte. “Se hai algo peor que o chapapote no mar e o lume na terra son os políticos de papel que fan bonitas promesas que logo non cumpren”. Así comezou o voceiro de En Marea - Luís Villares - a súa intervención onde tamén suliñou que “seguen sendo noticia as facturas pendentes de pagar e a ausencia de medidas para evitar que algo semellante volva acontecer”. Villares tamén se referiu ao Plan Nacional de Continxencias por contaminación mariña, que tardou máis de dez anos en ser aprobado sen que dende entón “se fixera ningún tipo de simulacro” no que se testen as actuacións previstas ante unha nova situación deste tipo. Para En Marea a xestión do Prestige hai 15 anos é comparable á levada a cabo por Feijóo durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro, onde o presidente da Xunta tamén perdeu o control da situación durante máis de dez horas. “Un presidente queimado que tenta rexenerar a súa imaxe con medidas que veñen a ser unha gran máscara de Entroido”, sinalou Villares. Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego criticou que Galicia ainda non conte cun porto refuxio nin un plan dede continxencia axeitado, polo que reclamaou máis competencias autonómicas nese sentido. Así o sinalou a líder do BNG - Ana Pontón  nunha conferencia de prensa na que asegurou que Galicia "non está en mellores condicións nin ten os medios suficientes para poder afrontar unha marea negra" como a xerada polo afundimento do Prestige no 2002. Tamén aproveitou a ocasión Pedro Sánchez - secretario xeral do PSOE - para cargar contra o goberno de Mariano Rajoy, quen era vicepresidente no momento da catástrofe. "15 años del Prestige, una tragedia que llenó de rabia y conmoción a todo un país. Ni entonces nos merecíamos aquel Gobierno ni hoy nos merecemos al actual. #NuncaMais", era a mensaxe que deixou Sánchez no seu perfil de Twitter. Tamén se referiu onte ao accidente do Prestige Alberto Núñez Feijóo - presidente da Xunta de Galicia - quen indicou que "o que falta fundamentalmente é unha senteza xusta que pague o dano e o impacto na costa". "Espero que a xustiza non siga asistindo para que os verdadeiros responsables da catástrofe, desde o punto de vista económico, poñan polo menos parte do que costou reparalo", asegurou onte o presidente autonómico.  

#15anosdoPrestige

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Novas relacionadas

Artigos relacionados co Prestige

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Fonte

 

Comentarios