3 meses sen alumeado no Porto do Pindo
Non pican os calamares no porto do Pindo. Hai 3 meses que non se deixan ver polo peirao ante a falta dun foco de atracción lumínica. Porque xa son 3 meses sen alumeado público no porto carnotán. Unha situación que pon en perigo aos traballadores do mar que seguen traballando día e noite, independentemente da luz. De feito, moitos veciños sinalan que estes días hai un tráfico nocturno fóra do normal.
Dende a confraría pindexa (mentres arman as Xornadas de Pesca) se puxeron en contacto con GardaPortos e con Portos de Galicia en varias ocasións para solicitar que se arranxe a situación antes de haia un accidente. Pero a resposta está sempre sendo a mesma, “pasamos a noticiación á persoa correspondente”, pero do arranxo do asunto non dixeron nada.
Novas relacionadas
- O Pindo acolle os días 23, 24 e 25 de xuño as XII xornadas de Pesca.
- Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).