![Pesca artesanal da Costa da Morte en Berlaymont-Parlamento Europeo]()
Milucho Louro, Kuka Sar, Primitivo Pedrosa e Rafael Insua diante do edificio Berlaymont do Parlamento Europeo en Bruxelas
Intensa a
visita a Bruxelas dunha representación do sector da pesca artesanal de Galicia, invitada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda, para expoñer ante a Comisión Europea de Pesca as demandas do sector. Reunións importantes as mantidas pola comitiva neste crucial momento no que están redactando os futuros
Fondos Europeos de Marisqueo e Pesca FEMP 2021-2027.
A expedición falou
coa Plataforma LIFE; co relator das enmedas ao proxecto Gabriel Mato e mesmo coa
responsable máxima da redacción dos FEMP, e comprobaron que a Unión Europea, alomenos, si que tomou nota (é certo que descoñecían a realidade galega e na redacción inicial meten no mesmo saco a pesca industrial e a artesanal) das súas necesidades, non así como outras administracións moito máis, en teoría, cercanas.
Na expedición, na que tamén viaxou QPC, participaron varios membros da Costa da Morte, e precisamente con eles falamos un bo anaco para ver as súas impresións:
Kuka Sar (teniente alcalde de Fisterra polo BNG),
Pepe Formoso (xornalista da Radio Nordés Cadena Ser),
Emilio Louro "Milucho" (candidato do BNG de Carnota ás eleccións de 2019 e profesional no sector con máis de 25 anos de experiencia na xestión sostible do noso mar) e
Primitivo Pedrosa (patrón dunha embarcación de pesca artesanal na confraría de Muros, xa experimentado nestas visitas a Europa).
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/europa-escoitou-pesca-artesanal-galicia/
https://quepasanacosta.gal/queremos-que-europa-trate-dun-xeito-diferenciado-a-pesca-artesanal-deixandonos-fora-do-tacs-e-as-cotas/