Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Asoar confirma a baixada do polbo e propón novas medidas para o Plan de Xestión

A Asoar confirma a baixada do polbo e propón novas medidas para o Plan de Xestión
O polbo nunha lonxa da Costa da Morte

Os números falan. E se xa hai un ano denunciaban a alarmante situación da pesquería do polbo, este comezo de 2015 están sendo fatal. E para intenar combatilo, a Asoar-armega, como entidade asociativa do sector pesqueiro quere plantexar unha serie de medidas técnicas a o novo Plan de Xestión do Polbo, aínda por publicar, para unha correcta recuperación da pesquería.

Comeza a entidade radicada en Corcubión asegurando que “a pesquería do polbo vén atravesando nos últimos anos unha importante crisis derivada dunha continua baixada da producción e descenso de prezos de primeira venda, e aínda que nos últimos meses se notou unha leve melloría, sabemos que esta melloría pode ser algo temporal e que se non establecen unhas medidas axeitadas pode que en poucos meses a situación volva a ser preocupante”.

Así se comparamos os datos de producción de inicio de ano (de xaneiro a marzo) durante os anos 2014-2015 vemos que o número de kilos capturados durante este ano é lixeiramente inferior ao ano anterior. I én en 2014 foron  619.026,33 quilos capturados xerando  3.160.551 de euros, polos 580.259,30 quilos e 2.917.657,28 € xerados neste comezo de 2015.

Así mesmo tamén se ten corroborado a tendencia ao descenso de producción nos últimos anos como se recollen na seguinte táboa:

Evolucion Capturas polbo pulpo 2010-2015

Así e aínda que no último ano 2014 existe unha lixeira recuperación da especie afirman “debemos ser cautos e aplicar medidas que permitan a continuidade nesta recuperación”. Por elo, propoñen a integración das seguintes conclusións e medidas no vindeiro Plan de xestión do polbo, pendente de elaborar para este ano 2015:

  • 1º Que o período de veda establecido para a recuperación da especie nos últimos non está sendo nin axeitado nas datas nin suficiente, polo que desde esta entidade propoñemos para este ano 2015 unha veda continuada de unha parada biolóxica, na que se estableza un período total que abarcaría dende o 15 de maio ata o 3 de agosto, e na que o sector asuma un mes de veda (do 15 de maio ao 15 de xuño) e se aplique unha parada biolóxica subencionada que abarcarían o tempo restante ata a data proposta para a apertura (do 16 de xuño ao 2 de agosto).
  • 2º Que durante o período de veda e parada biolóxica se prohíba totalmente a captura e descarga da especie, non solo a flota artesanal que asume o compromiso, senón tamén a outras flotas, que como a de arrastre seguen capturando polbo durante ese tempo, sen que as medidas plantexadas no Plan de explotación lle sexan de aplicación.
  • 3º Que dita medida de prohibición de captura e descarga de polbo se faga extensiva á pesca recreativa e de ocio.
  • 4º Que o tempo de veda-parada biolóxica débese abordar cun plan especial contra a actividade ilegal e o furtivismo.
  • 5º É imperioso, e totalmente necesario realizar unha análise de tódalas causas que están a incidir na mala evolución do recurso e esta tendencia descendente que as anteriores vedas non acadaron de corrixir. De acordo con isto, precisase que os servizos técnicos da Consellería de Pesca emitan un informe urxente sobre tódalas causas que están a provocar esta continuada diminución do recurso e que entre tódolos representantes do sector e a Administración se aproveite a situación de veda-parada biolóxica próxima para elaborar un Plan de Recuperación Real e Completo desta pesquería. E por tanto se cree unha mesa de traballo ou Comisión para a Recuperación dos prezos de venda dos recursos pesqueiro-marisqueiros de Galicia. Esta Comisión formada por tódolos representantes do sector e da Administración e os técnicos e expertos de ámbalas dúas partes poderían valorar e poñer en marchas as diversas medidas que poden contribuír a esta recuperación dos prezos de venda: Mesa conxunta co sector comercializador, Concentración de Lonxas, Táboas de prezos de venda e calidades, identificación e diferenciación de produto, etc.
  • 6º Que se analicen todas as causas posibles que están a incidir na mala evolución do recurso que permitan plantexar as medidas más axeitadas de cara a unha pronta recuperación do mesmo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios