Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A crise da confraría de Malpica obrígalle a subastar varios activos

A crise da confraría de Malpica obrígalle a subastar varios activos
Embarcacion de vixilancia subastado pola Confraria de Malpica O pósito de Malpica ten que poñer a subasta a embarcación de vixilancia Camion subastado pola Confraria de Malpica Camion subastado pola Confraria de Malpica Tal é a situación de crise na Confraría de Pescadores de Malpica que están procedendo á subasta de varios activos para mellorar a súa situación financieira. Así, a embarcación de vixilancia (que poder ser usada como recreo) e máis o camión, ambos pertencentes ao pósito serán subastados o vindeiro día 24 de xuño, comezando as 11:00h. A cousa vén de lonxe. “Xa levamos 10 anos (dende os anos do Prestige, cando moitos barcos marcharon a outras lonxas) baixando o nivel de venta, porque as embarcacións van vender á lonxa da Coruña”, explícannos dende a propia confraría. Un problema eterno en todos os portos da volta, contra o que levan tempo intentando atopar solucións. Baixaron os prezos das cotas, traeron compradores novos… pero aínda así, a cousa está difícil e este ano está indo regular. Explican que a lonxa da Coruña leva mellores prezos, e é difícil competir con iso. Ademais a xestións inspectora é máis sinxela de exercer nos portos pequenos. As conta falan claramente. En 2008 facturábanse 5 millóns de euros, e agora non chegan ao 2,5 millóns. Hai os mismos gastos que hai 10-15 anos, pero os ingresos son moitos menos, porque no porto malpicán hai menos barcos, aínda que sexan máis potentes. A día de hoxe o pósito ten un plan de viabilidade aprobado, e “hai que recortar servizos que dan perda para a confraría como son a vixilancia e o servizo de camión”. Sobre a vixiancia, un problema tan habitual en toda a zona se ben é certo que non hai demasiados furtivos na costa malpicá, é certo que a Xunta aporta subvencións, por sómentes unha parte do persoal, polo que os custes da embarcación fanse demasiados para o pósito. Dase a circunstancia en Malpica ademais non se cobra cota específica para a vixilancia, como si se fai noutras confrarías. Deste xeito, os vixilantes teñen que facer o seu traballo por terra, sendo moito menos efectivo, pero máis solucións non hai. “Se agora pos unha cota alta a pouca xente que queda marcharía”. De igual xeito, a día de hoxe, o servizo de camión-grúa non é rentable entre a persoa e o mantemento. A conclusión é clara: “Hai que adecuar as características das confrarías á situación actual”. E pouco máis se pode facer. Polo de pronto, podedes ir ollando as características en Milanuncios do camión e do ”yate”, por se queredes participar na subasta.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios