Venres. 19.04.2024
El tiempo

A FENAPA aspira a convertirse na “voz única” da pesca artesanal dende Corcubión ata Bruxelas

A FENAPA aspira a convertirse na “voz única” da pesca artesanal dende Corcubión ata Bruxelas
José Domínguez Buiturón durante o primeiro encontro da Federación Nacional de Pesca Artesanal FENAPA José Domínguez Buiturón durante o primeiro encontro da Federación Nacional de Pesca Artesanal FENAPA

Este sábado día 10 de novembro, tivo lugar en Corcubión, o primeiro encontro da Federación Nacional de Pesca Artesanal (FENAPA). Unha entidade que nace amparada por ex patrón maior da confraría corcubionesa, José Domínguez Buiturón, da que é Secretario. Asociacións de toda a xeografía estatal (Cataluña, Castellón, Valencia, Andalucía e Galicia) xuntáronse na vila de San Marcos co obxectivo común, de defender e loitar unidos polos intereses da pesca artesanal.

Na mesa presidencial, xunto a Buiturón, sentaron a presidenta, María do Carmen Díaz, de Malága; Agustin Olivares, de Castellón; Joan Mais, de Cataluña e Juan Gabriel López, de Valencia. E parece que boa parte do sector respondeu á chamada e houbo moita xente chegada de portos de mar da zona como Fisterra, Camariñas, Portosin, Porto do Son, Corcubión, Malpica, Laxe, Lira, Muros, Noia..

A idea da Federación é a de crear unha entidade, unha asociación de asociacións, para que a flota de baixura son sexa o único segmento da pesca que non ten unha representación única. “Queremos unificar todas esas asociacións nunha federación nacional, debidamente constituída, para que cando sexan reunións en Madrid e Bruxelas e que nós teñamos unha voz única da pesca artesanal, que poida contar cales son os nosos problemas”, explica Buiturón.

Lembra que “o 90% da pesca artesanal non se ve reflexada nas Federacións actuais, porque non se ten solucionado ningún dos problemas que levamos denunciando tantos anos dende as confrarías”. Mentres, as pesquerías seguen baixando e as lonxas facturas cada vez menos.

Ben é certo que moitas voces do sector consideran que as problemáticas da pesca artesanal galega non coinciden coas de Andalucía, e que a forma de crear a Federación, sen unhas votacións democráticas dende o comezo, é discutible, pero a realidade é que todos os estamentos valoran que fai falta unha entidade que aúne á pesca artesanal para loitar polos seus intereses.

TAC´s e Descartes

Buiturón tamén destaca o problema dos TAC´s, “Total Admisible de Capturas”, que o goberno estatal reparte en cotas polas comunidades. Lembra que o goberno estatal fai toda a repartición baseándose rexistros “históricos”, favorecendo a Cantabria ou ao País Vasco, cando debería facer o reparto tamén por criterios incidencia socio-económica. “Temos 5 veces máis barcos, e levamos 1/8 das cotas que teñen eles“, denuncia.

Ademais, denuncia que a Lei de Descartes que, en teoría, se vai poñer en funcionamento a comezos de 2019. “A pesca artesanal apenas ten descartes, só entra nos descartes cando as cotas de pesca non están ben repartidas”, sentenza. “Eu chámolle descartes para un barco de arrastre que leva unha rede como dous campos de fútbol”.

Por iso, coinciden moitas das demandas que o sector artesanal lle trasladou a Bruxelas o pasado mes.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/8-das-12-confrarias-da-costa-da-morte-repiten-patron-maior/ https://quepasanacosta.gal/4-visions-costeiras-da-visita-da-pesca-artesanal-galega-ao-parlamento-europeo/

Comentarios