Martes. 27.10.2020
El tiempo

A terceira falsa alarma neste mes provoca de novo un inútil dispositivo de busca

A terceira falsa alarma neste mes provoca de novo un inútil dispositivo de busca

Salvamento no faro Fisterra-Foto-Dario Gomez A embarcación de Salvamento noutra falsa alarma en 2011 no faro Fisterra-Foto-Darío Gómez

Terceira falsa alarma a vivida este pasado xoves na nosa comarca no último mes. Unha situación que nos volve facer reflexionar sobre a responsabilidade que debemos ter para chamar ao 112 de Emerxencias Galicia. Ben é certo que desta volta non era unha das “chamadas maliciosas” ou de broma, como a acontecida na ría de Corcubión nesta fin de agosto, ou unha falta de coordinación como a de comezos de setembro.

Desta volta os peregrinos que chamaron a Emerxencias crían ter visto un kaiak facendo luces fronte a Faro Fisterra, coma se estivese en problemas, a pesar de que o mar estaba coma un prato. Nese mesmo momento, eran as 21:40 do pasado xoves 14 de setembro, o 112 avisa a Salvamento Marítimo que toma o mando da operación de busca coa embarcación auxiliar do Don Inda. Por terra vai Protección Civil, Garda Civil e Servizos Sanitarios e por aire se moviliza ao helicóptero Hélimer. Todo un enorme dispositivo.

Un par de horas de busca e xa comezaron as primeiras sospeitas que podería ter sido unha falsa alarma. Os veciños que practican o deporte estaban nas súas casas, e as empresas que alugan kaiaks da zona corroboraron que todos regresaran. Salvamento Marítimo confirmaba ao día seguinte que non había denuncia de desaparición nin nada, dando declarado o evento como unha nova falsa alarma.

Dende Salvamento Marítimo recoñecen que “non entramos a analizar se as chamadas poden ser ou non malicisas” (un traballo que soe caer no 112) “e sempre poñemos a mobilizar os medios de primeiras pensando na boa fe das persoas”. Ademais, non teñen capacidade sancionadora, polo que o máis seguro non se vai levar ningún procedemento contra os alertantes. Neste caso parece que non o merecen.

Pero en todo caso, que estes eventos nos sirvan para reflexionar do elevado custe que supón mobilizar todo un dispositivo de busca.

Novas relacionadas

Fonte

 

comentarios