![obras-peirao-fisterra]()
A conselleira do Mar e o presidente de Portos de Galicia visitaron onte a obras no peirao de Fisterra
Rosa Quintana - conselleria do Mar - e José Juan Durán - presidente de Portos de Galicia - visitaron onte as obras que se están a realizar no
peirao de Fisterra. As obras, nas que se invisten ao redor dun millón de euros, consisten na mellora do abrigo e na ampliación do peirao;
unha reclamación que vén de anos atrás.
Rosa Quintana explicou que con esta actuación a Xunta de Galicia dá resposta a unha necesidade trasladada de xeito recorrente polo sector profesional da zona e mellora a seguridade e operatividade do porto fisterrán. Para iso, as obras en execución inclúen a instalación dun dique de abrigo aboiante de formigón e a ampliación dos pantaláns existentes para crear 75 novas prazas de amarre para embarcacións menores, ata chegar a 182.
Segundo engadiu a conselleira, “con esta actuación mellóranse as condicións de amarre das embarcacións con base en Fisterra e habilítase o atraque en pantalán para o total da frota existente neste porto que, ata o momento, esta fondeada na zona exterior dos pantaláns”.
Tal como indicou Rosa Quintana, o dique aboiante estará construído en formigón armado e terá 96 metros de lonxitude por 5 de ancho. Ao longo del instalaranse dúas torretas de servizos de auga e luz e unha de emerxencia. O acceso ata o dique realizarase a través dunha pasarela articulada entre o peirao e a instalación aboiante.
En canto á ampliación dos pantaláns, nas novas prazas instalaranse
fingers de aluminio para facilitar o atraque e incluirán tamén unha mellora das instalacións de auga e luz a través de novas torretas de servizo. Ademais, en todas as liñas de pantalán haberá tamén unha de emerxencia. O prazo de execución das obras, iniciadas a principios do verán, é de 6 meses polo que a consellería do Mar prevé que queden rematadas ao inicio do vindeiro ano.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Consellería do Mar