Martes. 23.04.2024
El tiempo

As praias da bisbarra convértense en fosas comúns

As praias da bisbarra convértense en fosas comúns
Medusas no Rostro Medusas no Rostro

Pode ser de novo aquela medusa que pasara polas nosas costas o pasado mes de outubro e que molestara no Campionato de Soesto. E a que asolagara a bisbarra o mes de novembro do pasado 2008. Non se sabe con certeza, pero varias praias da Costa da Morte convertíronse en fosas comúns de pequenos exemplares desta medusa.

Polo Mar do Rostro veíanse como vemos na imaxe superior. Pero é que por Quilmas ocorreu algo semellante, e dende a Confraría de Pescadores do Pindo nos fixeron chegar esta imaxe. Segundo apuntan dende a confraría a espoecie pode Pelargia noctiluca, algo que pode preocupar a máis dun surfeiro pola súa naturaza extremadamente urticante.

Medusas no Rostro Medusas no Rostro Medusas en Quilmas Medusas en Quilmas

Aparición de pragas

Atopamos pola rede, as 4 posibles causas das pragas destas medusas. Causas que engloban a todo o planeta pois descoñécese de onde poden chegar a procrear no noso litoral:

  • O incremento en nutrientes en mares e océanos, por verteduras de fertilizante e de augas negras dos núcleos urbanos, o que acentúa a dispoñibilidade de nitróxeno e fósforo nos mares.
  • Unha menor depredación pola diminución no número de predadores naturais, como a tartaruga boba.
  • O incremento da temperatura dos mares, que aceleran o seu ciclo vital.
  • A seca, que diminúe o achegue de auga doce por parte dos ríos e que destrúe a clina de salinidade que retén ás medusas en alta mar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • As fotografías de Quilmas son cedidas pola Confraria de Pescadores do Pindo.

Comentarios