As Xornadas de Pesca do Pindo, todo un "feito de mar"
Boa acollida tiveron as XIII Xornadas de Pesca do Pindo, que este ano tiveron como lema "Feitos de mar". Se cadra, algo menor do valor cultural e patrimonial e do alto nivel que aportan á Costa da Morte. Unhas xornadsa chegas de contido salgado, diverso e interesante, gracias as uns poñentes de luxo, escollidos con mimo polos organizadores da Confraría.
Impresionante a lista de escritores que pasaron polo pósito. Dende Miro Villar coa súa ollada a Antón Zapata, pasando polos naufraxios de Rafael Lema, a narrativa de Francisco Fernández Naval, as historias salgadas de Juan Patín “O Pecas”, ou a experiencia de Andrés Santiago. Precisamente, a mesa moderada por Lino Lema co Pecas, Andrés e Alicia Carrillo, de Buceo Finisterre, foi unha das máis interesantes.
Mesa de Lobos de mar no PindoNon faltou a música e unha das actuacións máis simbólicas foi a de Tino Baz, descoñecido para moitos, que deixou un gran sabor de boca.
Como o que deixaron o domingo as actividades gastronómicas, todo un éxito, como as charlas nese eido o domingo moi ben acollidas dando a coñecer e probar uns produtos e unha cociña diferente.
Dende a confraría, se ben botaron de menos máis xente do lugas nas charlas, fan unha valoración moi positiva das Xornadas. Destacan, iso si, a cantidade de nenos que participaron nas actividades semanais e o ben que o pasaron.
Chisco Fdez Naval e Miro Villar nas Xornadas de Pesca do PindoNovas relacionadas
- Xornadas 2017: As Xornadas de Pesca do Pindo lembraron aos carpinteiros de Ribeira.
- Xornadas 2016: Xornadas de Pesca: O Pindo segue medrando sen deixar de ollar o mar
- Xornadas 2015: 10 anos seguindo a remar dende o Pindo.
- Unha visita escolar ao mar do Pindo.
- Xornadas 2013: O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas.
- Xornadas 2012: O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- Xornadas 2011: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).