Comeza a veda da Centola
Dende hoxe estamos en veda de centola, así que se van por aí, pregunten vén por esa centola que lle propoñen comer. A veda da centola e do boi na parte litoral que vai desde A Guarda ata Cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) comeza hoxe sábado e rematará o vindeiro 12 de novembro.
Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2017-2018, que establece o período de veda para este ano nas provincias da Coruña e Pontevedra dende as 00:00 horas do sábado, 17 de xuño ata as 00:00 horas do domingo, 12 de novembro.
O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións con artes menores e con porto base na nosa comunidade e tamén para aquelas que, tendo porto base noutras comunidades, teñan permisos especiais de pesca para faenar en augas galegas.
A veda é unha das medidas que contribúe a aumentar a biomasa e a regular a pesquería da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.
Artigos para calafatear
- Redeiras, invisibles pero imprescindibles
- Ola, son breixo, fillo e neto de pescador artesanal.
- Un día na vida dun pescador artesanal.
- Un día especial na vida dun percebeiro.
- Bañistas si. Furtivos… non, grazas!!!.
- Diario dunha mariscadora.
- A veda do polbo: necesaria… pero suficiente?.
Novas sobre as redeiras
- Maio 2017: As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- Abril 2017: As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego.
- Outubro 2016: Un aseo, unha necesidade básica cuberta para as redeiras de Malpica.
- Abril 2016: As redeiras de Corme e Malpica especialízanse no interiorismo.
- Novembro 2016: As redeiras de Malpica xa tecen na rede.
Outras novas do mar
- A xarda costeira, para os barcos vascos.
- Fotodesfeita: Plástico no interior dun abadexo.
- Unha homenaxe, en vídeo, á figura de percebeiro.
- Abril 2016: Un percebeiro cae ao mar en Fisterra e aparece un corpo en Caión.
- Maio 2016: O caos da Política Pesqueira Galega.
- Abril 2015: A Asoar confirma a baixada do polbo e propón novas medidas para o Plan de Xestión.
- Unha tarde cos percebeiros de Laxe.