Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Corme, o fondeadoiro natural máis movido da Costa da Morte

Imaxe da praia do Osmo o pasado verán
Corme, o fondeadoiro natural máis movido da Costa da Morte
Praia do Osmo e enseada chea de iates en Corme A Praia do Osmo e a enseada chea de iates

”Corme atalora é o porto con máis movemento da Costa da Morte”. Así o asegura un home de mar como Suso Lista. Dende a súa fiestra contabiliza (e anota), día a día o número de embarcacións que entran e saen do porto cormelán, dando conta duns números verdadeiramente envexables.

”A chegada de iates é unha riqueza moi grande para Corme”, explica Suso, porque sempre pasan unha tarde ou unha noite, e “baixan consumir ao pueblo”.

Se por Muxía ou Muros pararon 226 e 354 iates respectivamente durante o primeiro semestre do ano, en Corme fondearon máis de 350 veleiros nos meses de maio, xuño e xullo (con iates a motor superarían os 370). Franceses, holandeses, ingleses, noruegos, daneses, finlandeses… son as nacionalidades máis habituais que paran no fondeadoiro natural cormelán, situado en plena autopista marítima mundial.

Contabiliza tamén a cantidade de barcos de baixura que van e veñen, pero tamén os arrastreiros, volanteiros, e mesmo algún boniteiros que descargan no porto e cargan en camións.

Arrastreiros no Porto de Corme Arrastreiros no Porto de Corme

Nova e polémica baliza

A sensación cormelá é que non hai interese en que Corme siga comendo desa “tarta náutica”, e por iso pensan que a nova baliza situada no medio da enseada é simplemente “un estorbo para alonxar aos iates de Corme”. “En 80 anos nunca tivemos unha baliza deste tipo, que obriga aos barcos a facer unha virada moi perigosa que fixo que vairos barcos mesmo tocaran no fondo.” "As sinais están para facilitar a navegación e evitar accidentes e estás balizas crean confusión e perigo", denuncia Lista.

Iates fondeados en Corme estes dias Iates fondeados en Corme estes días

Un pantalán?

Sobre a posible instalación dun pantalán con servizos para os barcos, Suso recoñece que é unha quimera. E non só polo investimento, se non porque o mar de Corme non permitiría, como pasou en Laxe, que o pantalán sobrevivise ao primeiro temporal. Expertos aseguran que para instalar un pantalán operativo todo ano, sería necesario crear un dique de abrigo, que podería custar uns 2 millóns de euros, e que podería calmar as ondas durante os 4-5 temporais máis fortes do ano.

”De pantaláns nada, o que quere a Xunta e Portos é chupar destas visitas. Corme é un fondeadoiro natural o que ten que facer Portos é limpar o fondo da ría, quitar as redes, as cadeas, e os sacos de plástico que aínda quedan no fondo, e sobre todo, limpar a última batea que queda no fondo, deixando, iso si, os mortos para que os iates poidan fondear tranquilamente.

Foto histórica do fondeadoiro natural que e Corme

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/por-unha-ria-de-corme-e-laxe-libre-de-bateas/

Comentarios