Venres. 29.03.2024
El tiempo

Europa dá un paso na protección do xeito

Europa dá un paso na protección do xeito
Pescadores do xeito no Parlamento Europeo Pescadores do xeito no Parlamento Europeo

As cousas do Palacio (de Europa) van despazo. Dende 2014 leva o sector demandando un ha protección ao sector do xeito no Parlamento Europeo. Un sector comprometido que leva anos esixindo unha política de protección por parte das institucións europeas, e solicitando unha maior cota de sardiña.

Este pasado venres, os 28 estados acordaron protexer as artes de Pesca artesanal como o xeito, retirando a proposta de prohibición das redes de deriva desta arte. Unha proposta que ameazaba a súa supervivencia.

Uns dos que defenderon esta proposta no P.E. foron os responsables do BNG, que precisamente consideran un “éxito” a medida. A voceira Ana Miranda lembra que “o BNG alertou dos problemas da prohibición das redes de deriva de artes de pesca artesanal” que afectaban a máis de 427 embarcacións galegas e diversas comarcas costeiras.

Miranda critica o “desleixo dos gobernos galego e español”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios