Falece un home nas rochas de Fisterra

14:28 21/08/17

Nova traxedia no mar da Costa da Morte. Esta madrugada acontencía en Muxía unha morte no mar. E esta mañá as malas novas sacudían Fisterra.
Eran as 10:20 da mañá cando un home falecía ao caer ás pedras na zona de Castromiñán. Eran as 10:20h cando caía ao mar. Un compañeiro tirouse por el pero non puido collelo e volveu para terra. Cando chamou a Emerxencia xa era tarde e xa viu o corpo flotando a escasos metros das rochas.
Acodiron ao lugar Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, Protección Civil e á Garda Civil. Finalmente, a lancha de Salvamento Don Inda recuperou o cadáver da persoa que trasladaron ata o Porto de Fisterra.
O rapaz, natural de Fisterra, cos pais de Castrexe, estaba de vacacións por traballaba en Barcelona.
Novas relacionadas
- 21-08-17: Protección Civil rescata o cadáver dun home na praia muxiá do Coído.
- Marzo 2017: Falece Paco Souto mentras mariscaba en Razo.
- Setembro 2016: Rescatan en Laxe a un percebeiro tras caer ao mar.
- Abril 2016: Un percebeiro cae ao mar en Fisterra e aparece un corpo en Caión.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).