Fisterra, Corme e Malpica levan a peor parte e sofren a ferocidade do temporal

11:07 03/02/17

@4gotas_com así desaparece a Praia do Rostro en Fisterra. Sobretodo precaución con achegarse as praias pic.twitter.com/vPe4jkb75L
— anton silva (@antonsilva77) 02 febreiro 2017
Estragado o peirao de Corme


Laxe e Muxía tamén sufriron



275 incidencias rexistradas no CAE 112 Galicia pola meteoroloxía adversa
Un total de 275 incidencias foron xestionadas entre as 18:00 horas de onte e as 07:00 horas de hoxe no CAE 112 Galicia. Árbores e pólas nas estradas (176) continúa sendo a incidencia maioritaria neste episodio de meteoroloxía. Deseguido, destácanse os 23 incidentes por obxectos varios nas estradas, 15 incidencias relacionadas cos cables de luz nas estradas e 13 derrubamentos entre outros. Por provincias, houbo 109 na Coruña. Por exemplo na zona, ademais do desaloxo do IES Ramón Caamaño de Muxía ao desprenderse parte da súa cuberta, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir a retirar unha árbore no lugar da Devesa (Vimianzo), na estrada que vai dende Berdoias a Ponte do Porte da Devesa. Tiveron que usar varias motoserras para retirala. En Sardiñeiro, Fisterra, tamén tiveron que pechar a estrada porque unha árbore quedou pendurada dos cables da luz.
Mañá sábado cálmase un pouco a situación en canto ao vento, aínda haberá vento forte (pero non tan forte), pero seguirá a chover durante boa parte do día.
O domingo aínda o seguirá facendo na madrugada e na mañá, parando ao mediodía e deixando unha tarde de domingo tranquila!!
Novas relacionadas
- 02-02-17: Desaloxan o IES Ramón Caamaño de Muxía ao desprenderse parte da súa cuberta.
- 02-02-17: O temporal pon en alerta vermella o mar da Costa
- 01-02-2017: Un quimiqueiro queda á deriva fronte a costa de Fisterra.
- 01-02-2017: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).