Fisterra volve ir ás crebas
07:14 15/01/18
Recollendo Crebas no Rostro-Foto-Rafa Quintans
Auténticas esceas de antano vívense estes días polas praias da Costa da Morte. Coma se todos nos convertísemos no “Xan das Crebas”, ducias de persoas ateigaron areais como a praia do Corveiro, en pleno Fisterra, para apañar unhas poucas caixas de tabaco, extralight pero seco, ou un pouco de leite en pó. Todas crebas do buque “MSC Eloane” que perdía varios contedores de carga o pasado 8 de xaneiro ao pasar polo Corridor de Fisterra.
Outros dedicaron a fin de semana para recoller lixo, on crebas. O grupo Narea, cos eternos voluntarios do Prestige Sole Méndez e Sven á cabeza, artellaron 4 saídas esta fin de semana para limpar a praia do Rostro. Coa colaboración do concello de Fisterra, tomaron a decisión de baixar dende o venres ata o domingo. O venres pola tarde foron 4 ou 5 persoas as que encheron medio centenar de sacos. O sábado pola mañá xa eran 15 as persoas colaborando, entre elas o teniente alcalde, Kuka Sar, un habitual destas citas medioambientais. Pola tarde xa quedaba algo menos de xente, pero a recollida continuou.
O domingo era cousa miúda a que quedaba, como cabichas, pero seguramente a máis importante. O volume é moito menos pero esta recollida foi case máis importante, pois “como vaia para o mar é o máis perigoso porque é o primeiro que meten na boca peixes e paxaros”, explica Sar. En total, uns 100 sacos de lixo retirados, só no Rostro, pero Rostro quedou limpo.
Sacos da recollida do venres no Rostro-Foto-Rafa Quintáns
Dende o Concello valoran como aceptar a proposta da Xunta á colaborar, pois en primeiro momento indicóusellles que non facía falta pero poderíase pedir que mandase xente para axudar, ou a posibilidade de pagar unha empresa de limpeza e logo solicitar o abono da contía.
Mentres seguirán aparecendo novas crebas, pois ademais da cantidade que apareceron nas praias de Muxía, estes días apareceron novos produtos nos areais de Camariñas. De feito, o xoves en Mar de Fóra non había case nada, pero o tabaco que apareciu na praia de Corveiro non o fixo ata o sábado. Así mesmo, o domingo no Rostro atoparon uns sacos que non se viran ata o onte, que parece serrín e que din que pode ser pienso para cabalos.
Fotos de Rafa Quintáns
Novas relacionadas
- 11-01-18: Chega ás praias da Costa da Morte parte da carga que perdeu o buque “MSC Eloane”.
- 08-01-18: Os Reis deixaron un regalo en forma de susto no Corredor de Fisterra.
Máis novas
- Xosé Manuel Barros: Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])