Luns. 14.10.2024
El tiempo

Iniciativas singulares que dinamizan o sector turístico da Costa da Morte

Iniciativas singulares que dinamizan o sector turístico da Costa da Morte
Fermosas son estas iniciativas turísticas de xentes particulares que tratan de poñer en valor a nosa zona dun xeito diferente. Se as administracións non fan por dinamizar o territorio terán que ser as iniciativas privadas as que enchan de contido a nosa comarca, e por iso queremos recoller algunhas que abranguen varias temáticas, dende a máis cultural á máis deportiva e natural. Iniciativas máis persoais, lonxe de grandes axencias e aglomeracións, que convirten a visita á nosa comarca nunha viaxe tremendamente especial.

O Taximar Naviera Jalisia

Taximar Naviera Jalisia ao Solpor de Fisterra Taximar Naviera Jalisia ao Solpor de Fisterra Que dicir da proposta do bravo David Trillo Gallego, o Robinson da Lobeira, que ademais de percorrer os 7 mares como capitán de mercantes Ata a Lobeira tamén van os Cruceros Fisterra, outra iniciativa máis que salientable que, a pesar dos indesexables líos familiares entre navieras, xa leva máis de 8 anos levando a milleiros de turistas e veciños ata o solpor da Fin da Terra. Taximar Naviera Jalisia as Illas Lobeiras David Trillo Gallego no Taximar Naviera Jalisia  

Coñecendo o outro Corcubión con María Bella

María Bella facendo unha das súas guías culturais por Corcubión María Bella facendo unha das súas guías culturais por Corcubión As visitas de María Bella, colaboradora nas FirmasQPC, son un exemplo da posta en valor do noso patrimonio. Unha demostración de como un pequeno concello non pode realizar iniciativas turisticas, e ten que ser unha nova veciña a que tome a iniciativa. María, doutora en Coñecemeneto Curatorial, leva afincada varios anos na vila de San Marcos, e despois de estudar, e aprender a historia da nosa comarca da man dos Jano Lamas ou Víctor Castiñeira, ofrece visitas guiadas para particulars dende o peirao, para descubrir a historia que agochan os muros de pedra do fermoso casco vello corcubionés. Visita historica a Corcubion con maria Bella  

Mariscadoras e redeiras de Candieira

As mariscadoras de Camarinas de ruta turistica As mariscadoras de Camariñas de ruta turística pola praia de Ariño Outra das iniciativas máis auténticas da comarca, máis verdadeiras, é na que traballan as mariscadoras de Camariñas e as Redeiras de Malpica. Elas xa arman visitas guiadas para grupos e particulares dende hai tempo, e pouco a pouco, a carón do proxecto Candieira

Buceando, en kaiak ou Surfeando

Xentes disfrutando dunha saída de Buceo Finisterre Xentes disfrutando dunha saída de Buceo Finisterre Xa máis profesionalizadas están as empresas de Buceo da zona, como Buceo Finisterre ou Buceo Malpica, dous dos grupos que mesmo participaron no intento de posta en marcha da WAOH Route por parte das administracións, unha ruta que mestura mergullo e gastronomía para atraer afeccionados de todo o planeta. E para profesionalizadas as iniciativas surfeiras da volta. Art Surf Camp é un dos campamentos con máis éxito de Galicia, movendo milleiros de rapaces cada ano, e comparte areal con Raz Surf Camp. Por Nemiña xa é toda unha referencia o Campamento Surf Costa da Morte, convertindo o deporte en motor económico da bisbarra. A nivel kaiak, son varias as inciativas que hai pola zona do Ézaro, onde tanto o Concello, como Ovidio Castro e o seu AdventurÉzaro, como a axencia Atlantis Adventure fan saídas organizadas, mesmo nas noites de iluminación da cascada. Saida en kaiak polo ezaro con Adventurezaro Saida en kaiak pola enseada do Ézaro con Adventurezaro

Saída de pesca

Fishterra Este mes de xullo nace tamén a iniciativa Fish-Terra que pretende levar a xente a pescar en lancha ao mar dende a vila do Cristo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vecins-polo-mundo-navego-por-todo-o-mundo-para-non-ter-que-emigrar/ https://quepasanacosta.gal/un-crucero-ao-solpor-de-fisterra/ https://quepasanacosta.gal/empresarios-e-cmat-proponen-aumentar-a-zona-de-mergullo-da-waoh-ruote/ https://quepasanacosta.gal/as-mulleres-do-mar-de-camarinas-e-malpica-unen-os-seus-proxectos-turisticos/

Comentarios