Venres. 29.03.2024
El tiempo

Limpando areas e lagoas a pé e dende o despacho

Limpando areas e lagoas a pé e dende o despacho
Lixo recollido na V Limpeza simultánea de ADEGA na lagoa de Traba polas xentes de Contraminate e Senda Nova Lixo recollido na V Limpeza simultánea de ADEGA na lagoa de Traba polas xentes de Contraminate e Senda Nova

Esta fin de semana foi data reivindicativa tamén a nivel medioambiental, cunha acción directa sobre o eido natural e outra de despachos. No marco da V Limpeza Simultánea de Praias e Lagoas Litorais de ADEGA, as entidades Contramínante e Senda Nova enviaron un comunicado dirixido a Portos de Galicia, a Demarcación de Costas, ao Concello e á Confraría de Pescadores de Laxe para informar do “sucio estado do porto e da praia, solicitando que poñan medidas para conseguir un cambio de prácticas e de conciencia no sector do mar, así como en toda a poboación para reducir os residuos na costa e evitar o deterioro do noso litoral”.

Dende as entidades ambientalistas denuncian “as malas prácticas no tratamento dos residuos no porto de Laxe. De cotío no peirao hai acumulacións de cordas e lixo pequeno que non se recolle, procedente das labores de limpeza e mantemento das redes. O vento encárgase de levar os restos de cordas botando todo ao mar para que as ondas as depositen na praia. Porto, auga e praia convértense nun mar de plástico”.

Sendo conscientes de que “o lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, estando demostrado que provoca graves consecuencias sobre os ecosistemas mariños, así como numerosas mortes de aves, mamíferos e tartarugas. Ademais, os problemas asociados á presenza deste lixo nas nosas praias causa perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto de limpeza para as administracións”.

Por todo isto, as entidades solicitan que as autoridades pertinentes tomen nota e realicen actuacións para erradicar estas prácticas.

Limpezas en Louro e Traba

Contraminate e Senda Nova na Limpeza da Lagoa de Traba Contraminate e Senda Nova na Limpeza da Lagoa de Traba

Unha vintena de bravos voluntarios animáronse a aproveitar o sol para facer unha limpeza de dous dos espazos con máis valor ambiental da nosa bisbarra. Unha ducia de persoas das entidades Contraminate e Senda Nova xutáronse á beira da lagoa de Traba mentres polo sur, xentes de ADEGA facían o propio na lagoa das Xalfas, en Louro.

Só na lagoa laxense o total de material recollido supera os 200 kg. Entre o lixo retirado destacan os plásticos, bidóns, madeira, produtos metálicos diferentes restos de artes de pesca, así como rodas ou electrodomésticos.

limpeza-de-adega-na-lagoa-de-louro Lixo recollido polos voluntarios de ADEGA na lagoa de Louro Lixo recollido polos voluntarios de ADEGA na lagoa de Louro

Os cativos de Fisterra

Non foron as únicas entidades que se animaron a coidar a natureza. Os pequenos do CEIP de IES Fin do Camiño tamén participaron da limpeza acodindo á praia de Sardiñeiro a retirar o lixo máis contaminante.

limpeza-da-praia-de-sardineiro-do-ies-fin-do-camino-2 Mozos do IES Fin do Camiño limpando o areal de Sardiñeiro Mozos do IES Fin do Camiño limpando o areal de Sardiñeiro  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios