Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 1.600 millóns de indemnización para o Estado polo afundimento do Prestige

Máis de 1.600 millóns de indemnización para o Estado polo afundimento do Prestige
ave-petroleada-prestige 931 millóns son por dano patrimonial, 279 por dano ambiental e 363 por dano moral. Imaxe: Universidade de Vigo O capitán do Prestige - Apóstolos Ioannis Mangouras - e a compañía aseguradora deberán pagar 1.573 millones de euros (dos cales 931 son por dano patrimonial, 279 por dano ambiental e o resto - 363 - por dano moral) ao Estado español. Así o publico hoxe a Audiencia da Coruña no auto de execución da senteza - dictada en xaneiro de 2016 polo Tribunal Supremo -. Segundo indica o auto "os danos morais causados son obvios, extensos e profundos, non só polo sentimento de temor, ira e frustación que afectou a gran parte dos cidadáns españois e franceses, se non tamén pola pegada indeleble da percepción referida a que catástrofes de esta ou máis ampla magnitude poden afectar en calquera momento aos mesmos perxudicados". A sala acordou tamén o pago de 61 millóns a Francia - xa o que o vertido do fuel chegou ata as costas francesas - e o abono de 1,8 millóns á Xunta de Galicia polos gastos de reciclaxe do fuel, ademais das sumas que se fixan para outras entidades, concellos e particulares. Presimante, o pasado luns cumpríronse 15 anos do afundimento do buque.

Moi barato, para a oposición

Para En marea, “que haxa 3.000 millóns de euros que a Fiscalía acreditou en danos que non se van pagar supón que ás petroleiras lles sae moi barato contaminar”.

Por iso, consideran que "é necesario unha reforma da normativa internacional que asegure completamente todas as responsabilidades polo dano causado en primeiro lugar polo dano ambiental,en segundo lugar polo dano ás vítimas e en terceiro lugar con carácter disuasorio para evitar que haxa a tentación de seguir usando buques en mal estado que poidan causar riscos catastróficos coma este”.

 

#15anosdoPrestige

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Novas relacionadas

Artigos relacionados co Prestige

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Fonte

Comentarios