xoves. 14.11.2024
El tiempo

Mar de Fábula e a FEP únense no II Encontro do Lixo Mariño

Mar de Fábula e a FEP únense no II Encontro do Lixo Mariño
Encontro Lixo Marino 2017

Non para a Asociación Mar de Fábula na súa loita por erradicar o lixo do noso mar. Xa ten todo listo o bo de Xosé Manuel Barros, xunto coa Fundación Eduardo Pondal, para o desenvolvemento do “2º Encontro galego do lixo mariño. A limpeza do mar”. Despois da repercusión da primeira edición celebrada o ano pasado no CEIDA, Mar de Fábula quere manter vivo este pundo de encontro entre as entidades e as personalidades que máis fan pola nosa natureza.

O Encontro, en formato de charla-coloquio, terá lugar o vindeiro sábado 17 de xuño, ás 17:00 horas, nas instalacións da Fundación Eduardo Pondal no Couto, Ponteceso. Participarán no coloquio xentes tan experimentadas como Luís Rodríguez, da Asoar-Armega, o eterno voluntario do Prestige e fillo adoptivo da Costa da Morte Sven Schwebsch; xentes a Confraría de Pescadores e Agrupación de Mariscadoras de Camariñas e das Mariscadoras do Anllóns, pioneiras na participación destes colectivos nas limpezas voluntarias, así como membros do mundo do mar, nomeada mente das Confrarías de Pescadores de Laxe e Corme.

Como non, o propio Xosé Manuel Barros, motor e alma de Mar de Fábula, será un dos participantes neste interesantísimo debate que moderará, con enomre orgullo, Ubaldo Cerqueiro. Director diario dixital Que Pasa na Costa.

O Debate

Partindo da realidade máis que contrastada da presenza masiva de lixo plástico no mar e no noso litoral, cunha alta porcentaxe de refugallo procedentes da industria pesqueira, as voces deste Encontro irán dirixidas a marcalo énfase na prevención nas tarefas cotiáns en terra e a bordo e na necesaria sensibilización da sociedade galega en xeral porque, de outra maneira, se non asumimos cada un de nós a nosa cota de responsabilidade na defensa do medio mariño, nunca remataremos de limpar o mar.

Ao mesmo tempo, dende este 2º Encontro galego do lixo mariño, dende o cerne da Costa da Morte, lanzará a mensaxe de que os tempos son chegados de xuntar as nosas mans para atallar a degradación, o desleixo e o abandono do espazo común. E o máis grande e valioso dos nosos espazos comúns é o mar e o seu medio costeiro.

”Para que o noso país poda construir un proxecto ilusionante de futuro, para que o edificio da nosa cultura medre sólido en altura, é vital que os seus alicerces xurdan firmes nun terreo limpo, saneado, ben coidado por todos nós. A tarefa é así de simple, elemental e inaprazable. Vainos nela a nosa dignidade colectiva e o respeto que nos debemos entre nós”.

Novas relacionadas

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios