Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula fai a súa primeira limpeza a flote no porto de Camariñas

 

 

mar-fabula-porto-camarinas
Integrantes da entidade Mar de Fábula retiraron o pasado domingo ducias de refugallos plásticos que aboiaban nas augas do porto de Camariñas
Mar de Fábula fai a súa primeira limpeza a flote no porto de Camariñas

O porto de Camariñas foi o lugar elixido por Mar de Fábula para facer o pasado domingo a súa primeira limpeza a ao bordo dunha lancha adquirida para tal fin grazas a unha axuda da Deputación da Coruña. 

Un trueiro de fabricación caseira e moitas ansias por loitar contra a contaminación do lixo plástico no mar foi todo o necesario para retirar unha boa parte do refugallo que aboaiba nas augas do porto de Camariñas. Botellas de bebidas, envases de deterxente, latas, bolsas de plástico, envases de lambonada, unha bolsa de rafia para a compra, un saco de grandes dimensións, escumas sintéticas, cordas, máscaras quirúrxicas, bolsas de plástico e outro moito refugallo foi retirado e logo depositado debidamente nos respectivos colectores.

Comentarios