Mariscadoras da Ría de Muros e Noia animan ás de Corcubión e Fisterra á tecer redes conxuntamente
Fermoso está a ser este proxecto Candieira, que fomenta a unión entre colectivos de mulleres do mar para axudar á súa diversificación. Este pasado xoves celebrouse un encontro en Corcubión, onde as mariscadoras da Ría de Muros-Noia explicaron ás súas compañeiras corcubionesas e fisterrás, como funciona a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia da que forman parte.
A idea é xuntarse para seguir reforzando, conxuntamente o papel das mariscadoras, armadoras, redeiras e percebeiras da bisbarra dentro e fora do seu ámbito de traballo.
Á xuntanza asistiron mariscadoras de Muros, Noia e Corcubión e mariñeiras de Corcubión e Fisterra, ademáis do patrón da Confraría de Corcubión, José Domínguez, que exerceu de anfitrión, e da xerente do GALP da Costa Sostible, Manuela Oviedo.
Un xeito de seguir unindo ás mulleres do mar da Costa da Morte.
Vindeira visita, a Camariñas
Este vindeiro luns as mariscadoras estarán en Camariñas, visitando ás mariscadoras para probar con elas a ruta de turismo mariñeiro que xa veñen desenvolvendo (no porto e na praia de Ariño) e que seguiron traballando dentro de Candieira.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-mulleres-do-mar-de-camarinas-e-malpica-unen-os-seus-proxectos-turisticos/Novas relacionadas
“A muller é a protagonista dos novos programas formativos de Candieira” — Que pasa na costa- Outubro 17: A muller é a protagonista dos novos programas formativos de Candieira.
- Candieira leva a Muros o seu taller de ideas
- Setembro 17; Candieira organiza en Cabana un taller de xeración de ideas
- Xullo 17: Bota a andar o proxecto Candieira, un proxecto en clave de muller, mar e rede
Máis novas
“De ruta coas mariscadoras de Camariñas” — Que pasa na costa ““En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”” — Que pasa na costa “Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles” — Que pasa na costa Fonte- Redacción QPC ([email protected])
- Galp Costa da Morte