Martes. 17.09.2019
El tiempo

Medallas para os máis de 5.400 voluntarios do Prestige en Camariñas

Medallas para os máis de 5.400 voluntarios do Prestige en Camariñas
prestige-camarinas O vindeiro 13 de novembro cúmprense 15 anos do afundimento do Prestige Con motivo do 15 aniversario do afundimento do Prestige (o vindeiro 13 de novembro) a Asociación Nacional de Agrupaciones y asociaciones de Voluntarios de Protección Civil - ANAV - realizará un acto en Camariñas antes do nadal para entregar as Medallas de Recoñecemento ás persoas que participaron no operativo de limpeza das costas do municipio. Así, o concello camariñán vén de abrir o prazo de solicitude da medalla con Distintivo Branco ou con Distintivo Punto Cero (persoas pertencentes a entidades incluidas dentro do sistema nacional de Protección Civil ou Defensa Nacional) que limparan as costas de Camariñas fai quince anos. No rexitro consta que acudiron ao chamamento 5.468 personas de 14 países diferentes. O concello de Camariñas recoñecerá tamén o traballo do persoal municipal, da agrupación de protección civil local e dos veciños e veciñas pola súa colaboración tanto na coordinación das tarefas de limpeza, como no transporte dos voluntarios ou mesmo polo mantemento das instalacións nas que se aloxaron os voluntarios. Todos estes voluntarios deben dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas - ubicada na Casa de Pedra - ou a través do número de teléfono 981 73 70 04 ou no enderezo electrónico [email protected] Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil
 

Comentarios