Muxía uníu a Fernando Patricio Cortizo e Pepe de Oleghario, dous tesouros do noso mar

Fernando Patricio Cortizo en Muxia
Era día onte de presentación en Muxía. A Bibloteca Municipal recibía a Fernando Patricio Cortizo e o seu libro “Náufragos y crónica marítima de Galicia hasta 1899”.
O autori quixo incidir na importancia de Muxía como porto relevante xa na Idade Media e dos naufraxios e raqueos relacionados coa vila. Foi unha charla intetesantísima que aporta e pon en valor datos moi importantes do noso patrimonio marítimo.
Ademais, a cita tiña un invitado especial. Ao remate do acto Pepe de Olegario, fixo entrega a Viki Rivadulla dunha das súas famosas cartas náuticas, para o arquivo da biblioteca muxiá. Un tesouro sen dúbida.
Pepe de Oleghario entrega unha carta náutica a Viki Rivadulla
Fernando Patricio Cortizo e Pepe de Oleghario, dous tesouros do noso mar, en terra
Novas relacionadas
- Pepe de Oleghario: “A riqueza no mar está aquí”:
- Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros.
- Fernando Patricio Cortizo recupera os Naufraxios galegos do século XIX.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).